domingo, 9 de octubre de 2011

"La invención de Hugo Cabret"


"La invención de Hugo Cabret" do escritor estadounidense Brian Selznick é un libro fantástico que lemos estes días na clase e encantounos. Desde o principio atrapounos, e pese ás 533 páxinas lese pronto porque ten moitas imaxes tal cal unha película en branco e negro. Está narrado no París de 1931. O protagonista, un neno duns 12 anos vive nunha estación de tren con moitos pasaxeiros sen que ninguén o saiba. Hugo, que así se chama, é orfo, reloxeiro e ladrón pero, sobre todo, moi intelixente. Un caderno de notas, unha chave con forma de corazón, un autómata, unha nena amante dos libros e un vello xogueteiro cambiarán a súa vida para sempre.
Tamén ten película. Incluimos un trailer de Youtube.