martes, 31 de enero de 2012
Abraham Carreiro
Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de EP tiveron un encontro con Abrham Carreiro, tal como anunciaramos no blog, para falar de "Xoeliki". Foi un encontro moi proveitoso que durou de 10:30 a 12:30.
viernes, 6 de enero de 2012
"Xoeliki" de Abraham Carreiro
Neste Nadal, o alumnado de terceiro ciclo acordamos pedirlle a Papá Noel este libro, lelo e, á volta das vacacións, poñelo en común e ter un encontro co autor.Xoeliki é un neno de once anos introvertido e tímido. Xoga aos videoxogos on-line e bota horas chateando na Internet. Pasa moito tempo só porque a nai traballa todo o día e o pai morreu hai uns anos. A vida de Xoeliki é moi rutineira, xira arredor da casa e do colexio, ata que un día ocorre un feito misterioso que lla cambiará por completo: recibe un paquete sorpresa. Isto levarao a vivir novas aventuras, coñecer amigas e amigos como Ari, o sabio Barbabranca, o enigmático Maverick, Centulo –profesor de Programación e Desenvolvemento– e algún inimigo como Mr.Virus. Descubrirá cousas inimaxinables para el.
E para ir preparándonos para o encontro, imos vendo a Abraham Carreiro, con alumnos e alumnas do CEIP de Frións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)