martes, 31 de enero de 2012

Abraham Carreiro

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de EP tiveron un encontro con Abrham Carreiro, tal como anunciaramos no blog, para falar de "Xoeliki". Foi un encontro moi proveitoso que durou de 10:30 a 12:30.

viernes, 6 de enero de 2012

"Xoeliki" de Abraham Carreiro

Neste Nadal, o alumnado de terceiro ciclo acordamos pedirlle a Papá Noel este libro, lelo e, á volta das vacacións, poñelo en común e ter un encontro co autor.

Xoeliki é un neno de once anos introvertido e tímido. Xoga aos videoxogos on-line e bota horas chateando na Internet. Pasa moito tempo só porque a nai traballa todo o día e o pai morreu hai uns anos. A vida de Xoeliki é moi rutineira, xira arredor da casa e do colexio, ata que un día ocorre un feito misterioso que lla cambiará por completo: recibe un paquete sorpresa. Isto levarao a vivir novas aventuras, coñecer amigas e amigos como Ari, o sabio Barbabranca, o enigmático Maverick, Centulo –profesor de Programación e Desenvolvemento– e algún inimigo como Mr.Virus. Descubrirá cousas inimaxinables para el.






E para ir preparándonos para o encontro, imos vendo a Abraham Carreiro, con alumnos e alumnas do CEIP de Frións

miércoles, 9 de noviembre de 2011

A pantasma de Canterville

Lin este libro e gustoume moito. Recoméndovolo a todos e a todas. A min non me deu medo pero ao mellor a nenos máis pequenos si. Esta historia nárrase en Inglaterra, na mansión dos Canterville.Trátase de que unha familia de norteamericanos chegan a Inglaterra, á mansión dos Canterville, e alí hai unha pantasma que intenta asustalos pero non o logra a pesar de facer verdadeiros esforzos para conseguilo.

Jesica Rey Bouzón 5º C

domingo, 9 de octubre de 2011

"La invención de Hugo Cabret"


"La invención de Hugo Cabret" do escritor estadounidense Brian Selznick é un libro fantástico que lemos estes días na clase e encantounos. Desde o principio atrapounos, e pese ás 533 páxinas lese pronto porque ten moitas imaxes tal cal unha película en branco e negro. Está narrado no París de 1931. O protagonista, un neno duns 12 anos vive nunha estación de tren con moitos pasaxeiros sen que ninguén o saiba. Hugo, que así se chama, é orfo, reloxeiro e ladrón pero, sobre todo, moi intelixente. Un caderno de notas, unha chave con forma de corazón, un autómata, unha nena amante dos libros e un vello xogueteiro cambiarán a súa vida para sempre.
Tamén ten película. Incluimos un trailer de Youtube.

miércoles, 22 de junio de 2011

Oliver Twist


Leed este libro que cuenta la historia de un niño huérfano que lleva una vida muy dura, la vida de ladrón.
Leed esta historia de acción y suspense que os llegará al corazón.



Traballo realizado por Martín

martes, 21 de junio de 2011

Vente Mil Leguas de Viaje Submarino

Esta historia de aventura cuenta como el profesor Pierre Aronnax con su criado Conseil y el mejor arponero del mundo Ned Land se embarcan en el fantástico submarino Nautilus.
Allí harán un gran viaje descubriendo las grandes maravillas del mar.
Si queréis embarcaros en un viaje submarino sumergiros en las letras de este libro.









De Martín y Pablo

Matilda


Imos ler este libro no verán. Invitámosvos a que o leades, seguro que vos vai gustar.
Facede aquí os vosos comentarios para así estarmos en contacto. Pasarémolo moi ben.

Antonio e Magdalena.