Imos ler este libro no verán. Invitámosvos a que o leades, seguro que vos vai gustar. Facede aquí os vosos comentarios para así estarmos en contacto. Pasarémolo moi ben.
Este é o blog de lecturas dos nenos e nenas de Bibliosigueiro. Animádevos a ler moito e publicade aquí as vosas opinións. Esperámosvos a todos e todas.
..."Ler é un dereito de todo cidadán e, ao mesmo tempo, unha condición para o execicio dos dereitos da cidadanía e de participación na vida democrática; ler é unha práctica cultural de inclusión, cohesión e participación social, que nos permite ser suxeitos da nosa propia historia, desenvolver valores e construir a nosa identidade, e é un comportamento que unha vez adquirido mellora a calidade de vida das persoas."
Manifesto pola LIJ. I CILELIJ. Santiago de Chile, 2010
... ter capacidade de lectura non é suficiente. Tamén é necesario que se dispoña de oportunidades de lectura e, que se garantice a todos os nenos e nenas a posibilidade de disfrutar de experiencias literarias que alimenten a súa imaxinación, estimulen o seu pensamento e cultiven as súas emocións.
Manifesto pola LIJ. I CILELIJ. Santiago de Chile, 2010
0 comentarios:
Publicar un comentario